A AstronomÃa, Darwin e a innovación, eixes da Semana da Ciencia galega
xoves, 5 de novembro do 2009

- Darwin-lego en plena expedición cientÃfica, visto no caderno de Kaptain Kobold en Flickr
Se non houbese atrancos comunicativos entre as persoas que investigan e o resto da sociedade, non haberÃa Semana da Ciencia. Ou si, pero con outros obxectivos. O caso é que se existe esta celebración en concreto é (entre outras cousas) para que a comunidade cientÃfica teña máis paciencia ca nunca á hora de falarnos dos seus achados, e tamén para que nós comprendamos dunha vez por todas os moitos beneficios que eses achados poñen en xogo na nosa vida diaria. A Semana da Ciencia, que chega á novena edición, é unha oportunidade para falarmos o mesmo idioma e, sobre todo, para que iso non se perda. Sexa como sexa, non é casual que entre os grandes destinatarios desta actividade europea se atopen mozas/os en idade de dirixir as súas carreiras vitais e laborais cara á investigación. A Semana da Ciencia élles un recordatorio de que ese camiño existe.
Polo que respecta á celebración galega deste evento internacional, dicir que con todas súas particularidades (que as hai) celébrase do 9 ao 22 de novembro. Nela participan unha vez máis entidades públicas e privadas (18 destas últimas, polo de agora) de toda Ãndole, sendo a idea do equipo coordinador (a Dirección Xeral de I+D) ir alén da boa cifra de apoios acadada na edición anterior: arredor de 40.
Neste senso, o obxectivo do dito equipo (que traballa xa no impulso da Semana coa Fundación Española para a Ciencia e a TecnoloxÃa) é conseguir a maior participación posible dende tódalas frontes: dende quen divulga (centros de I+D, investigadores de a pé, empresas, asociacións empresariais, concellos, centros educativos, colectivos veciñais, museos, hospitais, colexios profesionais, universidades, etc) e, tamén, dende quen recibe a información.
No que atinxe ao número de actividades incluÃdas no programa (suxeito ao longo destes dÃas a constantes incorporacións), sinalar que a comezos de novembro contábase xa con 47 eventos diferentes de divulgación da ciencia na nosa terra.
Polo que se refire a un punto de vista máis temático, dicir que esta nova convocatoria da Semana da Ciencia en Galicia xira máis que nunca arredor de catro conceptos ben claros: a evolución das especies (incluÃda a do ser humano), a creatividade ao servizo da innovación, o estudo do que hai alén do noso ceo e a investigación na procura de métodos alternativos de procura de enerxÃa, máis limpos e sostibles. A importancia dos catro temas non é casual no programa que se nos achega: en 2009 estanse a celebrar o Ano Europeo da Creatividade e a Innovación, o Ano Internacional da AstronomÃa e, ademais, conmemórase o bicentenario do nacemento de Charles Darwin, o naturalista británico que afianzou os alicerces da teorÃa moderna da evolución. Asemade, a Semana da Ciencia non pode deixar de informar do importante traballo que a comunidade cientÃfica mundial está a desenvolver na procura de fontes enerxéticas que substitúan a aquelas que nos levan directamente ao desastre ecolóxico. Polo que respecta ás novas tecnoloxÃas da información, a temática arredor da que xira principalmente Código Cero, dicir que no centro Gradiant de Vigo haberá actividades sobre a industria dos videoxogos galegos (un sector que xorde con forza e con capacidade de abondo para xerar riqueza e mercado) e que a Facultade de Ciencias da Comunicación albergará o dÃa 13 de novembro un obradoiro sobre as novas canles postas en xogo (moitas delas dixitais e participativas) para comunicar o feito cientÃfico.
A Semana en cifras
Este ano, 18 entidades realizarán 47 actividades (datos provisionais achegados a comezos de novembro) que, nalgúns casos, se desenvolverán en máis dunha ocasión en diferentes localizacións para acadar maior cobertura xeográfica. Entre as entidades organizadoras atópanse as tres universidades galegas, centros tecnolóxicos, o Consejo Superior de Investigaciones CientÃficas (CSIC), asociacións, museos cientÃficos e o Parque Tecnolóxico de Galicia, entre outros. Por tipo de actividade, a categorÃa cursos e obradoiros é a máis numerosa, con 10 actividades, seguido de itinerarios didácticos e excursións (4) e xornadas de portas abertas (4).
Polo demais, celebraranse 3 exposicións, 2 ciclos de cine e 1 obra de teatro cientÃfico, entre outro tipo de actividades.
O orzamento investido pola ConsellerÃa neste evento ronda os 600 mil euros.
