A Cámara de Santiago móstranos nun novo seminario o potencial das ferramentas CRM

mércores, 12 de xuño do 2024 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago ofrece este mes de xuño unha nova actividade formativa para avanzarmos en transformación tecnolóxica. Trátase do seminario en liña Como as ferramentas de xestión de clientes (CRM) poden mellorar as vendas. Encádrase no programa de actividades a Oficina Acelera Peme e do Kit Dixital (Red.es). Será o 19 de xuño en horario de 10.00 a 11.30, con formato de seminario online e gratuíto.
Por contidos, introducirase aos presentes nas diferentes estratexias de xestión de clientes, nas ferramentas principais das que poden dispoñer, nas vantaxes de aplicar un CRM na nosa peme, en como implementar un CRM como parte do proceso da atención ao cliente, nos puntos importantes á hora de escoller un CRM, en como xestionar a implementación dun CRM co noso persoal e en como aplicar un CRM no noso proceso de vendas.
O relator será Fernando Rodríguez de la Torre, director da axencia de publicidade con C de Comunicación, profesor no Mestrado de Marketing Digital da USC e director de Briefinggalego.com, portal de referencia do sector do mercadotecnia e a publicidade en Galicia.

PUBLICIDADE