A Campus Party vaise a El Salvador a loitar contra a fenda dixital
xoves, 18 de setembro do 2008
Moitos son os encontros e iniciativas de diversa Ãndole que se fan a prol da supresión da fenda dixital no mundo, elixindo a maior parte deles escenarios para desenvolverse que están, precisamente, no lado dixital na fenda. Porén, os eventos feitos expresamente para paliar esa exclusión onde de verdade existe cóntanse cos dedos dunha man, e é posible que nos sobren. Paliar na medida do posible este baleiro semella ser o obxectivo dos organizadores da Campus Party co seu novo movemento de ficha, a engadir aos xa levados a cabo en Brasil e Colombia. Segundo se nos conta na páxina web española da xuntanza, xa hai tempo que podemos cualificar de realidade ao espallamento cara a Latinoamérica do meirande encontro de internautas e de profesionais do lecer dixital de España e probablemente do mundo.
A nova iniciativa, que igual que as partys de Brasil e Colombia non consiste nun desprazamento definitivo do eixe de actividades dende Valencia á outra beira do Atlántico (posto que todo indica a que se simultanearán encontros en diferentes sedes), coincide co transcurso da Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e levarase a cabo na cidade de San Salvador entre o 28 de outubro e o 1 de novembro.
A arela de convocatoria, polo menos nun principio, non semella tan ambiciosa dende o punto de vista cuantitativo, tendo en conta que se espera reunir a 600 mozos e mozas, pero si que parece ter certa carga simbólica, ó teren a intención de facer participar a 22 paÃses. No fondo, como dixemos ao principio, latexa un obxectivo máis alto: o de abrir novos camiños ao emprego das redes nos paÃses en vÃas de desenvolvemento, sendo as redes un instrumento de primeira orde para mellorar a calidade de vida das persoas. Asemade, e para facérmonos unha idea máis ampla da proposta, sinalar que a diferenza de edicións previas do encontro, os organizadores correrán con todos os gastos de transporte e alimentación dos internautas convidados.
