A Coruña abre as portas á vangarda da imaxe virtual
martes, 3 de xullo do 2007
Dende hoxe martes 3 e ata o sábado 7 ficará coas portas abertas na Coruña a sexta edición de Mundos Dixitais, un encontro destinado principalmente á reflexión, á aprendizaxe e (por suposto) ó lecer en torno á creación de imaxes e sons virtuais. A xuntanza, máis profesional que destinada ó gran público, conta cun importante prestixio internacional no sector, sobre todo polo que ten de oportunidade para tomarlle o pulso á vangarda na edición e creación de todo tipo de pezas vinculadas ó virtual. Nela están a participar algúns dos profesionais de meirande éxito nos eidos do audiovisual e dos videoxogos e, de feito, pasarán pola xuntanza responsables dos efectos visuais da última pelÃcula de Harry Potter, O Labirinto do Fauno ou de Ratatuille (a vindeira estrea de Pixar) sen faltar os responsables das galegas Filmax e Dygra Films.
Amais, este ano a organización incluÃu no programa de actividades o I Simposio de Informática Gráfica e Patrimonio Histórico (SIGPHI) que vai encamiñado a poñer baixo un mesmo teito a tódolos grupos, empresas e institucións que desenvolven o seu labor no eido da infografÃa aplicada a tarefas como a reconstrución virtual ou a posta en valor do patrimonio histórico.
Mundos Dixitais, que está patrocinado pola Fundación Caixa Galicia, a Universidade da Coruña e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, conta cunha televisión en liña encamiñada a presentar perante o mundo os contidos que se vaian xerando ó longo do encontro, principalmente nos diversos obradoiros, amais das pezas de animación máis salientables de estudos e artistas independentes.
Estes son algúns dos profesionais que participarán estes dÃas en Mundos Dixitais:
· Tino Schaedler. Traballou para varias producións de alto presuposto, como Charlie e a Fábrica de Chocolate, Catwoman ou V de Vendeta. Hoxe está a traballar como director artÃstico de sets dixitais na nova entrega de Harry Potter (Harry Potter e a Orde do Fénix). Neste intre está a escribir un libro sobre a influenza da tecnoloxÃa informática no deseño das pelÃculas.
· Rod Bredow. Supervisor de efectos visuais en Sony Pictures Imageworks, completou hai pouco o seu traballo en Locos polo Surf, a segunda longametraxe producida por Sony completamente por computador.
· Lucas Ives. Ten traballado como Technical Director e enxeñeiro de software de I+D en todos os proxectos de Pixar dende Finding Nemo. Hai pouco tempo foi nomeado Gobal Technology Lead para o vindeiro lanzamento de Pixar e actualmente traballa na ultima xeracion de ferramentas 3D para a parte artistica da produción. Lucas falara de Ratatouille, o ultimo filme de Pixar.
