A Coruña acolle o III Congreso Internacional de Blockchain
xoves, 13 de decembro do 2018
Expertos
nacionais e internacionais reuniranse durante este fin de semana nas
instalacións do Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña
(PALEXCO) na terceira edición do
Congreso Blockchain (CIBTC), un acontecemento que centra boa
parte dos seus esforzos en mostrar as principais vantaxes da
tecnoloxÃa de cadeas de bloques, que salienta por pór en xogo un
innovador escenario de seguridade e eficacia para o almacenamento e
xestión dos datos (bases de datos sólidas, distribuÃdas, seguras
no seu cifrado e axeitadas para incluÃr nelas información crÃtica
como dereitos de propiedade, credencias, identidades ou acordos). A
inauguración será presidida mañá ás 9.30 polo alcalde da Coruña,
Xulio Ferreiro, e conta co apoio do Consorcio de Turismo e Congresos
da Coruña. CIBTC Coruña propón unha programación transversal con
charlas, debates e obradoiros.
Os
contidos presentados neste congreso, que se prolongarán de venres e
domingo, dirÃxense a emprendedores, autónomos, PEME e profesionais,
que queiran analizar nestas tecnoloxÃas e coñecer máis o seu uso.
Neste sentido, trataranse temas sobre aspectos legais, fiscais e de
regulamento da situación do blockchain en España.
Tamén se abordarán as posibilidades na industria financeira e
medios de pago, na innovación, na transformación dixital e nas
redes sociais descentralizadas.
Entre
os relatores atópase o deputado nacional e doutor en EnxeñarÃa de
Telecomunicacións Teodoro GarcÃa Egea, que será o encargado de
contar aos asistentes o estado de cousas do blockchain en
España e a súa futura lexislación. A súa charla será o mañá,
venres 14 ás 12,30 horas.
Participarán
tamén expertos das asociacións AgalBit e Blockchain Gal xunto a
especialistas de Tecnalia, Grant Thorthon e Telefónica, que
achegarán detalles básicos sobre a cadea de bloques para abordar,
tamén, algunhas dúas aplicacións concretas máis salientables
desta tecnoloxÃa.
