A Deputación da Coruña acolleu a presentación da novela visual interactiva Ti Primeiro, de Melgo Cinema
mércores, 14 de xullo do 2021
Este
13
de xullo celebrouse a presentación da novela visual interactiva Ti
Primeiro, de Melgo Cinema. Segundo fixo saber o seu creador e
director, Roberto Alvite, o proxecto estará dispoñíbel este mes de
agosto en formato de aplicación móbil para dispositivos a nivel
internacional. Ti Primeiro conta co apoio da Deputación da
Coruña (a través da súa liña de subvencións para a produción de
proxectos singulares e de interese cultural), cuxo deputado
responsábel de Cultura, Xurxo Couto, participou na presentación no
pazo provincial.
Como
dixemos, a novela terá o seu lanzamento internacional no mes de
agosto en formato de aplicación para dispositivos móbiles. Está
escrita, dirixida e producida por Roberto Alvite, fundador da
produtora galega Melgo Cinema, e consiste nunha ferramenta
tecnolóxica con imaxe real que convida aos lectores a vivir “unha
experiencia inmersiva única” mediante unha nova narrativa que
explora as relacións de parella actuais e a súa evolución co paso
do tempo.
Deste
xeito, a través da aplicación os usuarios terán a oportunidade de
introducirse na intimidade dunha parella e escoller o camiño dos
dous protagonistas.
A
partir deste verán os tres capítulos, de 60 minutos cada un, que
compoñen a experiencia estarán dispoñíbeis de maneira simultánea
para iOS e Android en seis idiomas: galego, español, inglés,
francés, italiano e portugués de Brasil.
O
primeiro capítulo lanzarase de balde e os outros dous por un importe
conxunto e único de 4,99 euros.
Segundo
se fixo saber na presentación, Ti Primeiro aborda temas como
o amor, a amizade, o desexo e a perda desde unha “mirada fresca,
lúdica e libre de prexuízos”. A través da aplicación os
usuarios decidirán de xeito interactiva e inmersiva as sorpresas,
xiros e revelacións desta aventura romántica.
Roberto
Alvite agradeceu á Deputación “o traballo que está a facer no
eido cultural xa que, ademais de vontade para iniciar proxectos,
necesítanse recursos" e explicou que “o tipo de propostas nas
que traballamos en Melgocinema buscan tratar realidades do día a día
nas que nos poidamos ver identificados, neste caso moi
particularmente a mocidade”.
Na
presentación tamén participaron Iris Darriba, actriz
co-protagonista, que expresou que “foi un reto a nivel actoral
porque a forma de traballar era diferente, a creación de personaxe
tiña que ter moi claro cal era a emoción e o fotograma clave que se
quería conseguir para poder estruturar sobre el o resto do diálogo”,
e a representante de Triodos Bank, Claudina Suárez.