A Estación Fitopatolóxica de Areeiro organiza en catro cidades galegas outras tantas mostras interactivas
mércores, 14 de novembro do 2007
A Semana da Ciencia 2007 en Galiza segue a subir chanzos e faino nalgúns casos poñendo ó espectador ou visitante das actividades a mover os fÃos do que ten diante. Algo asà como converter a vida en algo virtual, e viceversa. Neste senso, un dos puntos do programa que máis relación teñen con esta mestura de mundos e realidades é o dos eventos organizados pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro, da Deputación de Pontevedra, que está a participar na Semana cunha serie de mostras interactivas e de relatorios en catro cidades da nosa terra (Pontevedra, Santiago, Ourense e Vigo) e que teñen como obxectivo difundir a acción investigadora do dito centro dende as súas orixes e logo de 25 anos de participación directa en proxectos de I+D.
Máis polo miúdo, o que se pretende é chegar a todos os niveis da educación e do público en xeral e dar conta dos traballos desenvolvidos en materia de identificación e detección de patóxenos, control de pragas, análises de chans, loitas biolóxicas e integradas, análises da vide, etc.
As actividades inauguráronse hai uns dÃas cunha mesa redonda na propia Estación para seguir logo cos relatorios Areeiro, 25 anos contribuÃndo ó agro: ornamentais e Areeiro, 25 anos contribuÃndo ó agro: forestais en Pontevedra e máis en Santiago.
Porén, o programa segue aberto, e se pode visitar a exposición habilitada en Santiago, na Facultade de BioloxÃa, ata o 16 de novembro. Asemade, o 19 do mesmo mes chegan os relatorios (o dÃa 19 ás 18 horas) e tamén as mostras de tipo interactivo á Facultade de Ciencias de Ourense (do 20 ó 23 do mes de novembro). Amais, o IES Manuel Antonio de Vigo acollerá as actividades da Estación os dÃas 26 (relatorio inaugural) e máis do 27 ó 30 de novembro (exposición interactiva aberta ás visitas).
A idea é achegar a investigación ó público en xeral, sobre todo ós integrantes do tecido educativo galego, dende alumnos de todos os cursos e titulacións a profesores, amais de a profesionais do agro na nosa terra. Nas mostras, estarán dispoñibles 11 mesas con material de laboratorio para coñecer e realizar directamente outras tantas técnicas I+D.
