A Fonsagrada celebrará o apagamento analóxico cun espectáculo musical

mércores, 2 de abril do 2008 Marcus Fernández

O apagamento analóxico que terá lugar o vindeiro sábado na Fonsagrada será todo un acontecemen que, aparte de celebrar a dixitalización da televisión na vila luguesa, contará co acompañamento dun espectáculo musical no que participarán Rosa Cedrón, Cómplices e a orquestra Sintonía de Vigo.
A chegada da TDT á Fonsagrada supuxo todo un reto técnico, ó ter que levar o sinal televisivo a máis dos 450 quilómetros cadrados de complicada orografía que comprenden o concello.

PUBLICIDADE