A IA centrará un novo encontro tecnolóxico organizado por Quincemil
xoves, 24 de outubro do 2024
O vindeiro 6 de novembro ás 19:30 horas celebrarase no local O’ Culto na rúa Panaderas da Coruña unha nova edición dos Encontros Tecnolóxicos Quincemil NTT Data, no que o director de Intelixencia Artificial de NTT DATA, Miguel Ouro, entrevistará á catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da Coruña, Amparo Alonso.
A temática do encontro será a intelixencia artificial, atendendo así á grande demanda de información sobre a materia que nos últimos meses converteuse nun fenómeno de masas grazas ao achegamento da IA xenerativa e dos modelos de linguaxe á sociedade de xeitos que parecían imposibles de predicir hai poucos anos.
Os interesados en participar neste encontro tecnolóxico poden reservar sitio a través de Eventbrite.