A IA xenerativa, o acoso cibernético e o podcasting presentes no festival BDra Gráfica de Pontevedra
luns, 24 de xuño do 2024
Esta semana Pontevedra acolle a segunda edición do festival de banda deseñada BDra Gráfica, que desta volta optar por medrar e abrirse ás rúas da cidade do Lérez cunha grande carpa na Praza da FerrarÃa, exposicións en diferentes localizacións, proxeccións audiovisuais, conversas con creadores, xornadas para profesionais e outras actividades.
Entre as actividades máis relacionadas co sector tecnolóxico podemos salientar que o sábado 29 ás 17:00 o ilustrador LuÃs Demano impartirá un relatorio sobre Do inverno da IA ao verán da loita polos nosos dereitos de autorÃa, na que afondará nas malas prácticas que xurdiron coa irrupción da intelixencia artificial xenerativa e os abusos das grandes empresas tecnolóxicas que vulneran os dereitos de autor de milleiros de creadores para empregar as súas obras para adestrar modelos de IA que logo comercializan; e o mesmo dÃa, xa ás 20:00 Carlos Vieito, Miguel Abad, Lidia Veiga e Xabier Dios gravarán en directo unha nova entrega do seu podcast Exército MekeMeke.
Tamén pode resultar de especial interese a exposición Presas Fáciles de Miguelanxo Prado, que se inaugurará o xoves 27 ás 19:00 na Fundación Moldes. Presas Fáciles é unha serie de cómics de Miguelanxo Prado que este ano contou coa súa segunda entrega, titulada Voitres, que en breve chegará ás librarÃas na súa edición en galego da manda de Retranca Editora, e que nesta volta somerxe aos policÃas Tabares e Sotillo no mundo do acoso cibernético e as presións sociais na era dixital mentres investigan a traxedia de Irina (menor atrapada nunha rede de pornografÃa).

- Cartel do evento, creación de Miguelanxo Prado
