A Internet achégase aos televisores grazas á colaboración de Yahoo! e Intel
xoves, 21 de agosto do 2008

- Exemplo do Widget Channel nun televisor de alta definición
Intel e Yahoo! queren facer que os contidos da Internet se poidan consultar
directamente dende o televisor, polo que durante
o Intel Developer Forum presentaron o Widget
Channel, unha plataforma de aplicacións optimizadas para o televisor que funciona
con software
de Yahoo! para o Media Processor CE 3100 de Intel.
Esta nova plataforma se integrarÃa en televisores de alta definición (Samsung e
Toshiba planean empregar esta tecnoloxÃa durante 2009), e contarÃa con potencia
suficiente para manexar contidos en alta resolución, gráficos 3D e son
envolvente (podendo tamén desenvolverse en reprodutores multimedia
independentes e set-top boxes).
As pequenas aplicacións do Widget Channel estarÃan baseadas en estándares coma
o HTML, XML, JavaScript e Flash, e se
agarda que empresas coma Blockbuster, CBS, CinemaNow, Disney-ABC, eBay, Joost,
MTV ou Twitter estreen os seus propios widgets,
polo que se contará cun completo catálogo de aplicacións para esta plataforma.
Deste xeito os usuarios poderÃan ver fotografÃas de Flickr, reproducir vÃdeos, consultar
as novas de Yahoo! E mesmo twittear
dende o televisor.
