A Ludus Party 2007 vai collendo corpo cara á súa apertura oficial do 30 de novembro

mércores, 21 de novembro do 2007 Fernando Sarasketa

A Ludus Party 2007 vai collendo corpo, mentres segue aberto na web o prazo de inscrición. Este encontro, organizado pola Concellería de Servizos Xerais de Lugo, contará este ano coas seguintes características técnicas: saída á Rede de 20 Mbits por segundo, rede local de 100 a 1.000 Mbits por segundo con sistemas 3Com, servidores públicos dos xogos preferidos dos participantes, posto de mando para cada un dos mozos inscritos con dúas tomas eléctricas e unha toma de rede RJ-45, espazos para relatorios e obradoiros, zona de descanso e área reservada para o uso libre de consolas.
A party, que se desenvolverá dende 30 de novembro ó 2 de decembro no Recinto Feiral de Lugo, é no seu alicerce en boa medida semellante a outras partys informáticas: o seu obxectivo fundamental é afondar apertar na medida do posible os nós que unen ás novas tecnoloxías co coñecemento e o lecer, impendido se é posible que aquelas se convirtan en canles de desinformación para a mocidade. Dito doutro xeito: preténdese salientar o lado positivo das redes, o que move o proceso da socialización e a arela de compartir.
Amais diso, a Ludus Party vai encamiñada a loitar contra a fenda dixital, apoiándose en boa medida nas capacidades de divulgación dos propios rapaces participantes, que son os que poden levar ás súas casas e ó resto da comunidade estudantil a seguinte mensaxe: a Rede trae importantes vantaxes de comunicación e participación para Galiza.