A Nintendo DSi chegará a España o 3 de abril
xoves, 19 de febreiro do 2009
Nintendo anunciou
que o
vindeiro 3 de abril lanzará a súa nova
consola portátil Nintendo DSi no mercado europeo e dúas cores
(branco e negro). Esta nova consola serÃa a máis lixeira e delgada da familia
Nintendo DS (é un 12% máis fina que a Nintendo DS Lite), e incorpora novas
funcións grazas á incorporación de cámara e de lector de tarxetas SD, aÃnda que
para poder engadir estas melloras foi preciso prescindir do porto de Game Boy
Advance, o que racha a retrocompatibilidade con moitos xogos clásicos e incluso
imposibilita o uso do accesorio preciso para xogar ao Guitar Hero On Tour.
A Nintendo DSi tamén aposta de xeito decidido pola conectividade, de xeito que
fai moi doado compartir as fotografÃas que tomemos cos nosos amigos, inclúe
navegador web de serie e mesmo abre a porta á compra de xogos en descarga a
través da tenda Nintendo DSiWare.
Outra das melloras da consola estarÃa no apartado sonoro, que non só gañou en
calidade, senón que tamén permite a reprodución musical; e tamén cómpre
destacar que pese a que a consola sexa máis delgada e lixeira, o tamaño das
súas pantallas é maior, pasando de 3 a 3,25 polgadas, á vez que tamén gozan de
máis brillo segundo o fabricante nipón. AÃnda que na nota de prensa de Nintendo
non se menciona expresamente o prezo que terá a nova consola en España,
estÃmase que custará uns 170 euros, custando un pouco máis que o modelo actual
como tamén pasou no Xapón.

- A Nintendo DSi venderase tanto en branco coma en negro
