A PS Vita non chegará a Europa este ano
xoves, 4 de agosto do 2011

- Kaz Hirai presentando a PS Vita hai uns meses
Finalmente
parece que Nintendo vai dominar o mercado consoleiro portátil este Nadal, por
incomparecencia de rival, xa que pese aos rumores de que en outubro poderÃa
chegar ás tendas de todo o mundo a agardada PS Vita, Bloomberg vén de dar conta
de que a
nova consola portátil de Sony non chegará ata 2012 a EE.UU. e Europa, aÃnda
que si comercializarÃase a finais de ano no Xapón, segundo declaracións de Kaz
Hirai, presidente de Sony.
A compañÃa nipona leva varios anos con resultados moi negativos na súa división
de videoxogos, e agora atopa con que o salvavidas da compañÃas, os televisores
Bravia, tampouco están a dar os resultados que desexan, polo que teñen que
facer numerosos reaxustes na empresa, especialmente reducindo custos de
fabricación, aÃnda que iso dificilmente acontecerá coas consolas de videoxogos,
polo que aseguran que a PS Vita partirá dos prezos anunciados previamente (que
parte de 249 euros) non podendo reaccionar á baixada de prezo da Nintendo 3DS o
vindeiro 12 de agosto (que posiblemente quede en 179 euros, converténdose nun
rival difÃcil de bater).
A Nintendo 3DS tamén vai lanzar grandes xogos na segunda metade do ano, polo que
chegará con moita forza á campaña de Nadal, buscando manter a súa posición
lÃder no mercado portátil (que mantén dende o lanzamento da vella Game Boy),
aÃnda que non hai que esquecer que a PSP, pese a quedar moi lonxe en vendas da
Nintendo DS/DSi, conseguiu facerse un lugar nun mercado monopolizado por outra
compañÃa.
