A PS Vita supera os 1,2 millóns de unidades vendidas a nivel mundial
mércores, 29 de febreiro do 2012
Tras
unha tibia acollida no Xapón, a PS Vita chegou a semana pasada a Occidente, e
este lanzamento case global conseguiu saldarse positivamente, de xeito que a
consola portátil de Sony conseguirÃa superar a barreira dos 1,2 millóns de
unidades vendidas (a metade corresponderÃan ao mercado nipón) ao que haberÃa
que engadir a venda de 2 millóns de xogos (incluÃndo descargables).
Non estamos ante un datos tan bos como poderÃa parecer, posto que a meirande
parte das vendas dos produtos do sector concéntranse no lanzamento
(especialmente por vir precedidas de campañas de reservas acompañadas por
promocións) e de botar a vista ao Xapón continuamos a ver como a PS Vita segue a
perder vendas cada semana que pasa, non sendo capaz nin de superar á súa
predecesora, a PSP.
De todos os xeitos, se comparamos o lanzamento da PS Vita en Occidente co da
Nintendo 3DS, parece que a
consola de Sony comportouse lixeiramente mellor (aÃnda que non é posible
facer un contraste directo).

- A PS Vita conta con tÃtulos como ModNation Racers, Uncharted: El Abismo de Oro, Little Deviants, WipEout 2048 e mesmo un FIFA para impulsar as súas vendas
