A PS3 inclúe soporte de DivX

martes, 18 de decembro do 2007 Marcus Fernández

A PS3 reproducindo un vídeo en DivX

Finalmente está dispoñible o firmware 2.1 para a PlayStation 3, que inclúe un distorsionador de voz, e soporte para WMV e DivX, polo que seguiría os pasos da Xbox 360 de Microsoft.
Dende Gizmodo xa se botaron a analizar a nova reprodución de vídeos en DivX dende a PS3, destacando que aínda que non se atoparon problemas na reprodución de DivX e WMV, non acontece o mesmo cos vídeos en XviD, que non están totalmente soportados (a través da rede mediante streaming).
Tamén indican que o streaming de vídeos só funciona a través de Windows Media Player 11, e non soporta Windows Media Connect ou SMB (o sistema de compartición de ficheiros incluído en Windows) o que forzará ós usuarios a instalar o WMP11.
No tocante á calidade de imaxe, é satisfactoria, e a relación de aspecto dos vídeos se respectou en tódalas probas (mentres que na Xbox 360 precisaba de certos axustes).
Na interface de uso para o control de reprodución de vídeos tamén indican que é superior na consola de alta definición de Microsoft, polo rematan considerando positivo que a PS3 acade a certificación de DivX (aínda que só para ficheiros de menos de 2 Gb de tamaño, pois ten unha certificación básica e non Ultra) pero recomendando a Xbox 360 no caso de querer empregar a consola como Media Center.