A PS3 prepárase para as 3D
xoves, 22 de abril do 2010
Dende Sony
anuncian a chegada do firmware 3.30 para a súa consola PlayStation 3,
actualización que mellora o sistema de Trofeos, permite ordenar os trofeos de
xeito ascendente e descendente segundo distintos criterios que buscan, entre
outras cousas, facer máis doado a comparación dos trofeos acadados cos doutros
xogadores.
Tamén preparouse
á PlayStation 3 para novas caracterÃsticas coma os xogos estereoscópicos (3D),
chegando a tempo para o lanzamento dos novos televisores Sony BRAVIA que
permitirán a visualización de contidos en 3D mediante lentes polarizadas.
Nos últimos dÃas incidiron moito en que inicialmente a PlayStation 3 só vai poder
tirar proveito da tecnoloxÃa 3D para os videoxogos, de xeito que a
actualización que permitirá gozar de pelÃculas estereoscópicas en Blu-ray sairá
máis adiante. Nesta mesma liña Sony Pictures tamén anunciou o lanzamento do
primeiro Blu-ray 3D en España, que será a pelÃcula Lluvia de Albóndigas, dispoñible en Blu-ray dende o pasado 30 de
marzo, pero que a
finais de xuño chegará nunha versión Blu-ray 3D. A esta pelÃcula
seguiranlle varios tÃtulos nos vindeiros meses, principalmente de animación
tridimensional, de aà que os interesados en estar á última deberán estar
pendentes destes lanzamentos para non picar
cun Blu-ray en 2D a só unhas semanas da súa versión 3D.

- Asà será a edición xermana de Lluvia de Albóndigas en Blu-ray 3D
