A PS3 renova o seu procesador gráfico
martes, 27 de abril do 2010
A PlayStation 3 adelgazou de tamaño hai uns meses á vez
que reducir o seu prezo considerablemente, e agora, continuando co seu ciclo de
vida, vén de actualizarse internamente deixando de lado o seu procesador
gráfico de 65 nm e incorporando
unha nova GPU de nVIDIA de 40 nm, o que supón unha redución tanto de
tamaño coma de calor e consumo enerxético. Coma consecuencia, o ventilador
interno na consola tamén reduciu o seu tamaño ata preto da metade.
Con esta renovación de hardware a consola conseguirÃa reducir o seu consumo un
15%, aÃnda que continúa a ter un esaxerado consumo en espera (9 W).
