A PSP estreará tenda de descarga de xogos
xoves, 9 de outubro do 2008
O vindeiro dÃa 15 os
xaponeses poderán comezar a mercar xogos para a PSP coma descargas
directas dende a consola portátil de Sony, chegando o servizo posteriormente a
Europa e EE.UU. (sen concretar datas, pero que poderÃa ser antes de rematar o
ano), anunciándose que todos os xogos que se lanzarán en formato fÃsico (discos
UMD) tamén
se poderán mercar como descarga.
Os primeiros tÃtulos en aproveitar o lanzamento polas dúas canles serÃan Bleach Soul Carnival (que sairÃa o 23 de
outubro), Secret Agent Clank e Patapon 2: DonChaka (en novembro) e LocoRoco 2 (en decembro).
Ademais, Sony tamén anunciou que o xogo Resistance:
Retribution será o primeiro en tirar proveito dunha funcionalidade do novo
modelo da PSP (que finalmente se chamara PSP Plus) consistente en permitir
o uso do mando Dual Shock da PlayStation 3 (incluÃndo os dous controis
analóxicos e a vibración), para o que tamén serÃa preciso contar cunha copia de
Resistance 2 para PS3.

