A PlayStation 3 estrea cor branca incrementando a súa capacidade de disco

martes, 6 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Sony vén de anunciar que o vindeiro 29 de xullo porá á venda no Xapón novos modelos da súa PlayStation 3 Slim de cor branca, o que é unha interesante novidade na consola, non só polo cambio de cor, senón porque, incrementan as súas capacidades de discos duro a 160 Gb e 320 Gb (fronte os 120 e 250 Gbytes dos modelos actuais), a un prezo de 29.980 e 34.980 iens respectivamente.
Un voceiro da compañía, cuestionado sobre a posibilidade da comercialización destes novos modelos de PS3 en Europa, asegurou que «estamos a considerar todas as posibilidades en base á demanda do mercado», polo que parece probable que rematemos vendo estes modelos en Europa e EE.UU.