A PlayStation 3 reducirá o seu peso e consumo
luns, 20 de xuño do 2011

- A nova PS3 poderá adquirirse cun sintonizador de TDT
A PlayStation 3
vai contar en breve no Xapón unha revisión da consola que, sen mudar
esencialmente a súa aparencia, vai reducir o seu peso e o seu consumo. Concretamente
a nova
consola (modelo CECH-3000B) pesará 2,6 quilogramos (fronte aos 3 quilos do
modelo actual) e consumirá ata 200 W (o que supón unha redución de 30 W).
O novo modelo suporá o cese da produción do modelo 2500B, e tamén estará
dispoñible dentro dun HDD Recorder Pack,
no que inclúe un sintonizador de TDT para facilitar o uso da PS3 como sistema
de gravación de programas de televisión.
Esta nova PS3 chegará ás tendas niponas este mesmo mes, descoñecéndose a data de
chegada ao noso mercado.
