A PlayStation 4 estrea aplicación oficial de Teledeporte
mércores, 3 de agosto do 2016
Para incrementar a oferta audiovisual a través da
PlayStation 4 vén
de introducirse dentro do seu catálogo de aplicacións para España a de
Teledeporte, de xeito que a canle deportiva de Radio Televisión Española
tamén pode recibirse de balde a través da consola de videoxogos de Sony,
achegando asà numerosas retransmisións en directo e á carta entre as que non
faltan os Xogos OlÃmpicos de Rio de Janeiro.
A PlayStation 4 xa contaba dende hai tempo coa aplicación de Clan TV, de xeito
que Teledeporte serÃa a segunda canle temática de RTVE coa que conta a consola,
o que facilita especialmente a recepción de contidos televisivos a través da
Rede tanto en habitacións onde non hai instalación de antena, como para
facilitar os contidos baixo demanda, de xeito que non hai que estar pendente da
grella televisiva para gozar dos mesmos.
Ao estarmos ante contidos dunha televisión pública, as aplicación de RTVE para
PS4 son completamente de balde.
