A PlayStation 4 soportará ultra alta definición
mércores, 22 de agosto do 2012

- A PS3 contribuÃu á adopción da alta definición no fogar
Nos últimos anos puidemos ver como os televisores foron uns
dispositivos que, sen mudar esencialmente o seu funcionamento, deron saltos de
xigante a nivel tecnolóxico, pasando de televisores de tubo a televisores
planos en formato panorámico e, finalmente adoptando a alta definición, tecnoloxÃa
para a que xogaron un papel decisivo as consolas de videoxogos (que na meirande
parte dos fogares trouxeron a HD antes que o sinal televisivo) e os fabricantes
queren continuar na mesma liña e, aÃnda que a alta definición non está todo o
espallada que serÃa desexable, xa están a pensar no seguinte paso, a ultra alta
definición ou 4K, o que parece algo totalmente
innecesario nos formatos de televisor máis cativos, pero que agradecerán as
grandes pantallas.
De feito, xa están a chegar televisores UHD ou 4K ás tendas, pero teñen a máis
eiva que os televisores HD no seu lanzamento: a falta de contidos. E compañÃas
como Sony parece que van repetir fórmula, e chegan informacións que apuntan a
que Sony
vai pór á venda un televisor LED de 80 polgadas con resolución 4K e, aÃnda
que xa ten reprodutores de Blu-ray con soporte de 4K, aseguran
que a futura PlayStation 4 tamén aceptará tal formato. Deste xeito, as
pelÃculas e os videoxogos volverÃan a ser un incentivo para dar o salto á nova
definición que é de agardar que teña unha adopción doméstica moito máis lenta
do que os fabricantes desexan.
