A Raiola Marketing Conference volve a Coruña en setembro
mércores, 7 de xuño do 2023
A VI edición
presencial do evento de márketing dixital Raiola Marketing Conference
(#RMC23) reunirá o vindeiro 30 de setembro no auditorio de PALEXCO na Coruña a diferentes expertos en
márketing en liña e SEO co fin de compartir explicacións prácticas, claras e
detalladas sobre todas as áreas do márketing.
Os doce relatores
que se subirán ao escenario de RMC Galicia son referentes con anos de
experiencia nas súas respectivas áreas de coñecemento: Lord Draugr, creador de contido
con máis de 700 mil subscritores en YouTube; Leti Grijó, experta en social
media e formadora; Sico de Andrés, especialista en SEO; Èlia Guardiola,
especializada en márketing emocional e experiencial, storytelling e
copywriting; Miguel Ángel Trabado, formador e consultor de márketing; Verónica
Ramallal, CEO da consultora Pekecha e experta en social media e marca persoal;
Pedro SEO, especialista en SEO para YouTube e emprendedor; Nando Olcina,
avogado especializado en negocios dixitais; Víctor Campuzano, Head of Growth de
Metricool; David Ibiza, experto en WordPress e youtubeiro; Miguel Florido,
consultor de márketing dixital e Ana Pedroche, mentora en reinvención,
emprendemento sostible e benestar.
Ademais, Raiola
Marketing Conference contará tamén cunha mesa redonda na que se falará sobre
accións orientadas a mellorar o posicionamento dun sitio web en buscadores da Internet.
Luís Villanueva, MJ Cachón, Álvaro Sáez (Chuiso) e Marta Romero, serán os
expertos encargados de proporcionar as últimas tendencias, estratexias e
mellores prácticas en SEO.