A Semana da Ciencia celebrarase entre os dÃas 10 e 23 de novembro
martes, 16 de setembro do 2008
A ConsellarÃa de
Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de I+D+i, prepara unha nova
edición da Semana da Ciencia,
polo que fai un chamamento
aos axente galegos a participar nesta cita coa ciencia e a tecnoloxÃa
máis divulgativa en Galicia.
A edición de 2008 da Semana da Ciencia terá lugar entre o 10 e o 23 de novembro,
e a Dirección Xeral insta a entidades públicas e privadas a organizar
actividades coas que se amose á cidadanÃa, dun xeito ameno e accesible, como a
ciencia e a tecnoloxÃa están presentes na vida cotiá.
Na pasada edición participaron preto de 40 entidades públicas e privadas
galegas, organizando preto de 100 actividades diferentes repartidas pola
xeografÃa galega.
