A UDC organiza unhas xornadas de seguridade informática a finais de mes
martes, 28 de outubro do 2008
Os vindeiros dÃas
29 e 30 de outubro, a Facultade de Informática da Universidade
da Coruña, vai dar acollida a unhas xornadas de seguridade informática, na
que participarán diversos expertos deste eido entre os que destacan, entre
outros, Alfonso Muñoz, investigador UPM; David Barroso, director de e-crime
S21Sc; Angel Prado, desenvolvedor de Microsoft ou Luciano Bello, desenvolvedor
de Debian.
As xornadas, que
nacen como unha iniciativa da devandita facultade para desenvolver e promover a
investigación cientÃfica na área da seguridade informática, darán comezo a
partires das 9:00 horas e os interesados en asistir poderán entrar libremente e
de balde.
Os asistentes que
o desexen poderán, asemade, solicitar un crédito de libre elección sempre e
cando se inscriban previamente e incluso presentar os seus traballos de
investigación realizados sobre o tema.