A USC e Caixanova mostran a historia da informática cunha exposición itinerante
mércores, 5 de novembro do 2008
Co pretexto de
amosarlle ao público, de xeito didáctico e divulgativo, a evolución que
experimentaron os sistemas de cálculo dende as culturas antigas ata o nacemento
da informática moderna, a Universidade de Santiago
de Compostela en colaboración con Caixanova,
vai inaugurar, mañá xoves día 6 de novembro, a mostra didáctica itinerante Dos ábacos aos computadores, que se
poderá visitar ata o vindeiro 14 de decembro nas instalacións da Facultade de
Informática da Universidade da Coruña.
Dos ábacos aos computadores é unha mostra de carácter didáctico que
pretende achegar ao visitante ó proceso evolutivo que experimentou a
informática dende os sistemas de cálculo das culturas orientais, grecorromanas
e islámicas e o progreso no cálculo matemático na Idade Moderna, ata a
aparición, no século XX, da informática moderna.
Os últimos sesenta
anos, e especialmente os últimos trinta, representaron a incorporación da
informática como motivo de ocio e de cálculo, así como, de xeito particular, o
seu emprego na resolución dos grandes problemas da investigación moderna.
Dado que o cálculo
non foi sempre igual ao longo da historia, esta exposición presenta,
diacrónicamente, o proceso do cálculo na sociedade ata a chegada da informática
e fai fincapé na instrumentación actual para tentar mostrar “cómo pode ser o futuro”.
Polo tanto, a
exposición iníciase cunha introducción aos métodos de cálculo da Humanidade,
dende os ábacos da cultura oriental ata o cálculo na cultura islámica, pasando
polas aportacións da cultura greco-romana. A continuación, un paseo pola
matemática moderna, levará ao espectador a coñecer as primeiras calculadoras da
historia, o cal lle permitirá comprender cómo o progreso no cálculo matemático
desembocou no deseño das primeiras máquinas.
Xa nunca terceira
parte, o visitante adentrarase no século XX, o propiamente dito da informática.
