A USC estrea o vindeiro curso o Grao de Robótica
xoves, 13 de xuño do 2019
A
Universidade de Santiago ampliou a súa oferta académica de títulos
cunha ollada posta no futuro. Ou mellor dito: no presente inmediato.
Estamos
a falar da inclusión do Grao de Robótica para o vindeiro curso
2019-20, segundo aprobou este luns o Consello Galego de
Universidades. Este novo título, único no Sistema Universitario
Galego (só se podía cursar até agora nas universidades Rey Juan
Carlos e Alacante), arrinca con 50 prazas de novo ingreso.
O
grao, que se desenvolverá na Escola Politécnica Superior de
Enxeñaría de Lugo, presenta un programa académico cunha estrutura
total de 240 créditos, repartidos ao longo de catro cursos e
distribuídos en 60 créditos de formación básica, 126 de materias
obrigatorias, 30 créditos optativos, 12 créditos en prácticas
externas obrigatorios e 12 créditos no Traballo Fin de Grao.
Segundo
informa a USC, o itinerario do grao en Robótica posibilitará ao
alumnado comezar a ensamblar e programar robots reais dende o
primeiro curso, “grazas a existencia de materias de proxectos
integrados, de carácter totalmente práctico, e a través dos que
aplicará os coñecementos adquiridos noutras materias para a
resolución de retos en robots”.
O
título contempla unha mención en AgroRobótica, para a que deberá
seguirse un itinerario formado por 30 créditos ECTS de materias
relacionadas coa especialización escollida optando entre unha oferta
de 6 materias.