A USC pon a disposición das empresas 31 patentes
martes, 3 de setembro do 2013
A Universidade de Santiago informou estes dÃas do
nivel de fluxo en materia de transferencia tecnolóxica que están a
adquirir as súas patentes. En detalle, os
diversos equipos de I+D da USC puxeron a disposición das empresas 31
das súas patentes, procedentes todas elas de traballos feitos
por investigadores da institución educativa galega e unha parte
deles estreitamente relacionados coas novas tecnoloxÃas da
información. Como por exemplo un programa información para mellorar
a supresión de nitróxeno en reactores secuencias discontinuos e, xa
nun plano puramente electrónico, un procesador de visión con
arquitectura hÃbrida que permite operar en modo simple instrución
con múltiples datos e cun cambio de modo dinámico.
Tamén se puxo a disposición do tecido produtivo un
procesador que leva a cabo operacións de cálculo de potencia e raÃz
reducindo o tempo preciso por levalo a cabo en hardware e máis outro
procesador de imaxes que combina a adquisición, a dixitalización e
o seu procesado. Con este fluxo de achados e desenvolvementos,
informa a USC, a Universidade súmase ao programa da Xunta que
subvenciona até o 50% do gasto empresarial en innovación,
incrementándose por outra banda as posibilidades de obter
importantes ganancias derivadas da achega das licenzas.