A Universidade da Coruña avanza no pulo á Intelixencia Artificial grazas á tecnoloxÃa do CESGA
xoves, 21 de xuño do 2012
A Universidade da
Coruña é unha das moitas institucións que lle saca partido ao
potencial tecnolóxico e innovador do Centro
de Supercomputación de Galicia (CESGA). Máis polo miúdo, tira
especial proveito dos seus sistemas e profesionais para dar pasos
adiante no eido da Intelixencia Artificial (AI), concretamente en
conseguir que a través da aplicación da AI na simulación do
comportamento das neuronas se acade o obxectivo tan devecido da
aprendizaxe. Ou sexa, que os sistemas poidan adquirir coñecemento
por si e, ao mesmo tempo, mellorar o noso coñecemento sobre o
procesamento de datos do cerebro. Estes son dous dos grandes
obxectivos do equipo de investigación do Departamento de TIC da
Universidade da Coruña (UDC) que dirixe a profesora Ana Belén Porto
Pazos e que conta para o seu labor co apoio da capacidade de cálculo
do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

- Ana Belén Porto Pazos dirixe o equipo de invetigación que tira proveito da tecnoloxÃa do CESGA
Segundo fan saber fontes
do centro, emprazado no Campus Sur de Santiago, o devandito equipo de
I+D (que se insire no seo doutro grupo, o que lidera o catedrático
Alejandro Pazos) desenvolve a dÃa de hoxe unha investigación
multidisciplinar na que conflúen a investigación na pola
conexionista da Intelixencia Artificial (IA) coa investigación na
área da neurobioloxÃa funcional e de sistemas en neurociencia, para
tratar de favorecer o procesamento dos datos nos computadores e
aumentar o coñecemento sobre como se procesa a información nos
circuÃtos neurogliales do cerebro. Asà llo explicou a investigadora
Ana Belén Porto ao propio Centro de Supercomputación, que nos
desvela nun comunicado a natureza e cometido das ditas células
(coñecidas como glÃa ou neuroglÃa): amas de crÃa do sistema
nervioso que desempeñan, de forma principal, a función de soporte
das neuronas e interveñen activamente, amais, no procesamento
cerebral da información no organismo.
A modelización
computacional de sistemas conexionistas (SC) que simulan a actividade
de grupos organizados de neuronas permite resolver problemas do mundo
real que empregan coñecemento natural que pode ser incerto,
impreciso, inconsistente e incompleto, nos que a construción dun
programa de informática convencional ou da rama simbólica da IA que
cubrise as posibilidades serÃa moi dificultoso ou mesmo impensable,
engade o Centro de Supercomputación. Segundo indica a profesora, "os
recentes descubrimentos no ámbito da neurociencia sobre a importante
función dos astrocitos do sistema glial no procesamento da
información, ao contrario do que se pensaba, demostraron que estas
células son fundamentais cando se desempeñan tarefas cognitivas".
O equipo de investigación
que dirixe "logrou demostrar por primeira vez -grazas ao uso
do equipamento do CESGA-
que incluÃndo en sistemas conexionistas multicapa novos elementos artificiais
que tratan de simular os astrocitos, aumenta a eficacia destes
sistemas na resolución de
problemas cando os astrocitos artificiais inducen potenciación nas sinapsis", o
que levou a crear as chamadas Redes NeuroGliales Artificiais (RNGA).
As RNGA son sistemas conexionistas
que incorporan, ademais de neuronas artificiais, elementos de control que simulan o
comportamento dos astrocitos cerebrais (células do Sistema Glial).
