A Wii U poderÃa adiar o seu lanzamento europeo a decembro
venres, 10 de agosto do 2012
AÃnda que as datas de lanzamento da Wii U continúan a ser
toda unha incógnita, parece que xurdiron problemas na súa fabricación, de xeito
que en
Europa non poderiamos ver a nova consola doméstica de Nintendo antes do mes de
decembro, pero a compañÃa está a esforzarse para conseguir pola á venda nos
EE.UU. antes do DÃa de Acción de Grazas (o 22 de novembro) dado que o dÃa
seguinte é un dos dÃas de maior consumo do ano, por ser unha xornada con moitas
ofertas para celebrar o comezo da campaña de Nadal.
O analista de IHS Screen Digest, Piers-Harding Rolls, estima que Nintendo
poderÃa vender 4 millóns de Wii U antes de rematar o ano fiscal (no mes de
marzo), algo no que influirá seriamente o prezo e a data do lanzamento da consola,
aÃnda que tamén asegura que a Wii U non vai ser capaz de replicar o éxito da
primeira Wii, por ter un público máis determinado e unha maior competencia
(pois agora existen moitos outros dispositivos conectados como solución para o
lecer electrónico).
