A Wii é a consola doméstica preferida polo público feminino
xoves, 26 de novembro do 2009
Nos últimos anos o público feminino está a medrar de
xeito importante no sector dos videoxogos, de xeito que pasarÃan dunha presenza
case inexistente a ocupar o 29% do
mercado, en boa medida grazas a que os desenvolvedores de xogos tiveron en
conta ás mulleres e nenas á hora de deseñar os seus lanzamentos.
Pero de entre todas as compañÃas, parece que a que o está a facer mellor é
Nintendo, pois segundo datos publicados polo seu presidente para EE.UU., o
80% das mulleres que fan uso dunha consola de videoxogos doméstica decántanse
pola Wii, mentres que só o 11% usarÃan a Xbox 360 e o 9% a
PlayStation 3.
Estamos a falar do público norteamericano, pero no resto do mundo a tendencia é
bastante semellante, e non estarÃa limitada só ás consolas domésticas, senón
que nas portátiles tamén está a arrasar a Nintendo DS, como quedaba claro nos
seus redeseños e na súa oferta en distintas cores, mentres que a PSP de Sony é
percibida como unha consola só para mozos.
