A Wii podería baixar de prezo en breve

luns, 14 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Catálogo de Walmart no que confirmarían a caída de prezo da Wii

A Xbox 360 e a PlayStation 3 levan varias rebaixas de prezo na súa vida, mentres que Nintendo aínda non tocou este aspecto porque continuaba a ter unhas vendas moi fortes, de xeito que segundo diminuían os custos da Wii a compañía nipona melloraba os seus beneficios. Pero o panorama parece estar a cambiar, e dende EE.UU. xa avisan de que a consola doméstica de Nintendo leva 6 meses perdendo vendas, pechando agosto cunha caída interanual do 39%, de aí que non sorprenden os rumores de que a Wii vai rebaixarse este mesmo mes, e incluso circula unha imaxe (sen confirmar) dun catálogo de Walmart no que pode verse coma o prezo da Wii baixaría ata os 199 dólares (dende os 249 dólares actuais).
De confirmarse esta información, tampouco sorprendería que a Wii baixase a 199 euros en Europa, pois lembremos que na actualidade ese é o prezo da Xbox 360 (consola tecnicamente moi superior) e que a PS3 tamén baixou de prezo (ata 299 euros).