A XGN Intermax AI Edition pecha con éxito e pon a semente dunha futura feira de IA
luns, 13 de outubro do 2025
A maior LAN party galega, a XGN Intermax, clausurou onte no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca a súa edición especial dedicada á intelixencia artificial, consolidándose como un espazo de referencia para o intercambio de coñecementos e a formación en tecnoloxÃas dixitais.
O evento reuniu 867 participantes, un 8,3 % máis que o ano pasado, nos dous pavillóns principais do recinto, de 10.000 metros cadrados cada un, ofrecendo unha conexión de ata 40 Gbps e un completo programa con setenta propostas, o que supón un incremento do 40 %. Conferencias, obradoiros, competicións e actividades de lecer dixital convertérona durante tres dÃas nun auténtico microuniverso tecnolóxico.
Entre as competicións máis destacadas figuraron as de arte dixital, videoxogos, modding, setups, programación de robots e ciberseguridade. A xornada de peche estivo protagonizada pola entrega dos galardóns destas probas, nas que se repartiron algo máis de seis mil euros en premios.
A cita contou co apoio da Xunta de Galicia, impulsora da party a través da ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude, e co patrocinio oficial de Intermax Technology, que posibilitou duplicar a velocidade de conexión dos participantes ata os 40 Gbps. Tamén se sumaron Raiola Networks como patrocinador e o Clúster TIC Galicia, que apoiou o programa de conferencias.
A XGN Intermax AI Edition mantivo o seu carácter formativo e centrado na experiencia, combinando o lecer tecnolóxico coa aprendizaxe e o intercambio profesional. A idade media dos asistentes situouse nos 32 anos, con participantes procedentes de dez comunidades autónomas, moitos deles enxeñeiros, expertos en informática ou profesionais vinculados ao sector TIC.
Segundo a organización, o crecemento no número de inscritos e actividades, asà como a calidade do programa e a excelente resposta do público, reforzan o evento como punto de encontro clave no ecosistema tecnolóxico galego.
O éxito desta edición, centrada na intelixencia artificial, abre agora as portas á creación dunha futura feira especÃfica sobre esta tecnoloxÃa, que a Feira Internacional de Galicia Abanca prevé comezar a deseñar proximamente.
