A XGN Intermax AI Edition suma xa 840 inscritos
luns, 29 de setembro do 2025
A XGN Intermax celebra este ano o seu 25º aniversario cunha edición especial dedicada á intelixencia artificial, que terá lugar do 10 ao 12 de outubro na Feira Internacional de Galicia Abanca. A once dÃas da súa apertura, o evento suma xa 840 inscritos, superando os 800 do ano pasado, e a organización agarda que a cifra continúe en aumento ao permitirse a inscrición ata durante a propia celebración.
O encontro contará coas súas tradicionais áreas de Intranet e Extranet. A primeira, destinada a inscritos, ofrecerá postos con conexión de altas prestacións, dereito a acampada e actividades exclusivas dispoñibles de maneira ininterrompida dende o dÃa 10 ata o 12 de outubro, con acceso anticipado o dÃa 9 na preparty. A Extranet, aberta a todo o público, funcionará os dÃas 10 e 11 entre as 10:00 e as 20:00, cun programa de propostas orientadas á aprendizaxe e ao entretemento.
A principal novidade desta edición será a incorporación dunha zona expositiva dedicada á IA, que reunirá empresas especializadas neste ámbito e servirá como xerme dunha futura feira sectorial. Ademais, o programa incluirá conferencias e talleres interactivos nos que a intelixencia artificial terá un papel destacado.
O evento conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude, impulsora da LAN party, e co patrocinio oficial de Intermax Technology. Grazas a esta compañÃa tecnolóxica galega, os participantes disporán dunha conexión de ata 40 Gbps, o dobre da velocidade que se ofrecÃa antes da súa entrada como colaborador. A maiores, Raiola Networks incorpórase este ano como patrocinador, reforzando a dimensión empresarial da cita.
