A Xbox 360 actualiza o seu Dashboard

martes, 11 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O novo Dashboard potencia a compra de accesorios para os novos avataresRematado o período de proba, a actualización de verán do Dashboard da Xbox 360 xa é oficial, de xeito que todos os usuarios poden acceder a instalalo na súa consola, con só un adianto do que serán as novidades que traerá a actualización do outono (que deberían incluír servizos coma Twitter e Facebook, o que podería ser unha importante revolución), que nótase na potenciación dunha tenda de accesorios para avatares e na reconversión do Bazar de Xbox LIVE para substituír a súa sección de Originales de Xbox por Games on Demand, de onde poden descargarse títulos completos de Xbox 360 e Xbox orixinal, e que no primeiro caso teñen prezos de entre 19,99 e 29,99 euros (tendendo a este último prezo) que se estrea cun interesante catálogo de xogos:
- Assassin’s Creed (Ubisoft)
- Burnout Paradise (EA)
- Call of Duty 2 (Activision)
- Elder Scrolls IV: Oblivion (Bethesda)
- Fight Night Round 3 (EA)
- Kameo: Elements of Power (Microsoft Game Studios)
- LEGO Star Wars: The Complete Saga (LucasArts)
- Mass Effect (Microsoft Game Studios)
- Meet The Robinsons (Disney)
- MX vs. ATV Untamed (THQ)
- Need for Speed Carbon (EA)
- Need for Speed: Most Wanted (EA)
- Perfect Dark Zero (Microsoft Game Studios)
- Prey (2K Games)
- Rockstar Games Presents Table Tennis (Rockstar Games)
- Sega Rally (Sega)
- TEST DRIVE: UNLIMITED (Atari)
- Tom Clancy’s Rainbow Six Vegas (Ubisoft)
- Tomb Raider Legend (Eidos)
- Viva Piñata (Microsoft Game Studios)
- Viva Piñata 2: Trouble in Paradise (Microsoft Game Studios)
Curiosamente os xogos da Xbox orixinal continúan a ter un prezo en puntos, mentres que os xogos da consola actual véndense directamente en euros.