A Xbox 360 chega ós 18 millóns de unidades vendidas
mércores, 27 de febreiro do 2008
A PlayStation 3 finalmente despegou no mercado, e xa comeza a ter unha boas
vendas, pero non hai que ignorar que lle queda moito para ter o catálogo de
xogos da Xbox 360, asà como un mercado do mesmo tamaño, pois John Schappert de
Microsoft asegurou que a consola de alta definición da compañÃa de Redmond superou
os 18 millóns de unidades colocadas no mercado, mentres que a de Sony ten
preto da metade de consolas en todo o mundo.
Schappert tamén declarou que a desaparición do HD DVD apenas afectou á Xbox 360,
pois non chegou a afectar nin ó 3% dos seus usuarios.
Cuestionado en relación ó éxito da Nintendo Wii, consola que xa superou os 20
millóns de unidades vendidas, John Schappert
pensa que non supón unha competencia directa para a Xbox 360 xa que se
tratarÃa dun produto moi diferente. Os usuarios que adquiren unha Xbox 360 teñen
un perfil moi distinto do que habitualmente teñen os seguidores de Nintendo, e
se apoia en grandes xogos como a saga de Halo, mentres que a empresa xaponesa busca máis os xogadores ocasionais. De
feito, a Xbox 360 é a plataforma de xogos máis rendible para compañÃas coma
Electronic Arts.
