A Xbox 360 poderÃa baixar de prezo en setembro
luns, 4 de agosto do 2008

- FotografÃa que supostamente confirmarÃa a rebaixa da Xbox 360 o 7 de setembro
Nas próximas semanas se
espera que tanto a Xbox 360 como a PS3 amplÃen as súas capacidades de disco
como renovación alternativa á baixada de prezo, pero segundo varios blogs
norteamericanos, nos EE.UU: a Xbox 360 poderÃa baixar o seu prezo de 279 a 199,99
dólares no seu modelo básico (os
modelos máis avanzados reducirÃan o seu prezo só 50 dólares) o que
poderÃa supor un importante pulo para a consola de Microsoft de cara ao Nadal,
aÃnda que estes rumores tamén poderÃan prexudicar ás vendas durante o mes de
agosto, pois o cambio de prezo non chegarÃa ata o 7 de setembro.
Para confirmar este rumor dende VGChartz publicaron
unha imaxe dun terminal de venda no que aparecerÃa a rebaixa comentada,
o que dá certa credibilidade á información pero non a verifica totalmente (no
pasado tamén apareceron modelos rebaixados,
pero se trataba de unidades reacondicionadas).
Con esta rebaixa, a Xbox 360
non só se distanciarÃa dos prezos da Wii e da PS3, senón que se aproximarÃa ao
da PS2, que se vende actualmente a 129,99 dólares, e tendo en conta que en setembro tamén
chegará á Xbox 360 o xogo Rock Band 2
(en exclusiva para esta plataforma durante 2 meses) está claro que a consola de
Microsoft poderÃa reforzar a súa presenza no mercado norteamericano.
Non se sabe se en Europa será posible rebaixar a consola, pois xa custa 199
euros, e una rebaixa a 149 euros parece unha oferta demasiado boa para un
dispositivo que aparte de servir para xogar, tamén funciona coma reprodutor
multimedia de alta definición, aÃnda que hai que admitir que Microsoft soubo
conter os custos de fabricación da súa consola, que xa leva tempo vendéndose
con beneficios (estÃmase que a fabricación dunha Xbox 360 custa entre 140,15 e
182,19 dólares) mentres que Sony perde centos de dólares en cada PS3 vendida
(xa que o seus custos de fabricación continúan a ser esaxerados).
