A Xunta aprobará o Plan de Innovación 2011-2015 antes do remate do ano
mércores, 15 de decembro do 2010
Alberto Núñez Feijoo, presidente
da Xunta de Galicia, avanzou esta mañá no Parlamento que, antes
de que remate o ano 2010, o Goberno galego aprobará o Plan de Investigación, Innovación
e Crecemento 2011-2015, acordado e consensuado coas universidades. Dotado
con 200 millóns de euros para o 2011; supón un maior investimento do que cada
ano destinaba o bipartito a este eido.
