A Zona Pro do Carballo InterPlay ten aberta a súa inscrición

martes, 5 de marzo do 2019 Redacción

JPEG - 51.3 KB
Martín Lapissonde, Rocío Carbajo e Agustina Lumi son algúns dos profesionais arxentinos que estarán presentes no CIP

Entre os días 3 e 6 de abril desenvolverase a 6ª edición do Carballo InterPlay, festival internacional de contidos dixitais que contará con Arxentina como país convidado ao entender que é a punta de lanza na industria dos contidos dixitais en Latinoamérica e, moi especialmente, no que respecta á ficción e ás series feitas para a Internet. Contarase así coa presenza de representantes de canles e plataformas do país, así como do director do Buenos Aires Webfest.
Amais, o Carballo InterPlay, tras o éxito na pasada edición, repetirá o Día Pro, xornada para conectar a creadores coas principais plataformas e produtoras. Representantes das principais asociacións do sector en Galicia (AAAG, AGAG, CREA ou AGAPI) moderarán as mesas sectoriais Na procura do talento dixital, que queren dar a coñecer novas formas de creación, produción e xestión do talento audiovisual na Rede.
Para participar na Zona Pro é preciso inscribirse (de balde) antes do 29 de marzo.

PUBLICIDADE