A aplicación de receitas de Windows 8.1 dá o salto ao móbil
xoves, 30 de xaneiro do 2014
Unha
das aplicación que pode sorprendernos máis tras adquirir un equipo con Windows
8.1 é a de Comida
e bebida de Bing, que axuda a descubrir receitas e facilita a escolla
de viños e cócteles e parece que está a ter unha aceptación moi boa entre o
público, pois Windows Phone 8 vén de recibir unha versión de proba desta
aplicación baixo o nome de Recetas
de Bing Beta, que é practicamente unha versión para pequenas pantallas
da súa irmá maior recollendo numerosas receitas con fermosas fotografÃas e
ferramentas de utilidade como a posibilidade de organizar coleccións ou de elaborar
listaxes da compra.
A opción desta aplicación que non está presente na súa versión móbil é a de
empregar a cámara do equipo para poder moverse entre os distintos pasos dunha
receita a xeito de mans libres como acontece coa versión para ordenadores e
tablets, e que resulta moi cómodo nas cociñas, onde é difÃcil ter as mans o
suficientemente limpas como para poder tocar a pantalla dun tablet.
