A aplicación móbil de Gmail mudará de deseño en poucas semanas

martes, 29 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

O servizo de correo electrónico de Google, Gmail, vai dar un importante salto na súa versión móbil, que busca achegarse en prestacións á versión web, que tamén recibiu bastantes novidades nos últimos meses, como a posibilidade de gozar de certa automatización nas respostas, aínda que o que comezaremos a notar de xeito máis visible é un cambio na estética, que facilitará a visualización de documentos adxuntos sen ter que desprazarse a través da conversa, ou incluso facer máis doado saltar entre a nosa conta de correo persoal e a do traballo.
Esta actualización de Gmail forma parte dunha actualización máis importante do conxunto de aplicacións de Google, que buscan ter unha aparencia máis uniforme, seguindo as pautas de Material Design (o que deron en chamar o Google Material Theme), de xeito que as versións web de Google Docs, Calendario, Drive e Gmail xa gozan do novo deseño e Gmail para Android e iOS recibirán este cambio en poucas semanas.

A versión móbil da aplicación de Gmail cambiará drasticamente de estética, buscando así faciltar o seu uso

PUBLICIDADE