A barra de Google leva as buscas fóra do navegador

mércores, 25 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

A nova barra de Google en Windows XP

Os programadores da barra de Google decidiu volver ás orixes e centrar a súa ferramenta en funcións de busca e navegación, polo que na última versión deste programa inclúese un cadro de busca rápida que permite a busca dende fóra do navegador.
Esta nova función aparece coma un botón co logotipo de Google ao lado do botón de inicio de Windows, onde podemos premer para abrir un campo de busca, tamén activable coa combinación de teclas Ctrl + espacio. Segundo escribimos no campo de busca imos vendo suxestións de busca, e os resultados da pescuda aparecerá no noso navegador web.
Esta nova versión da barra de ferramentas de Google (Google Toolbar 6 beta) estaría pensada para o seu uso no Internet Explorer, mentres que a versión desta utilidade para o Firefox aínda non conta coa utilidade de busca dende fóra do navegador web.

A barra de Google en Vista