A beta de WhatsApp deixa de funcionar por un erro
luns, 27 de marzo do 2023
O pasado dÃa 24 WhatsApp
publicou unha actualización da súa beta para Android
que curiosamente estaba destinada a deixar de funcionar o dÃa 27, de xeito que
durante a fin de semana non foron poucos os usuarios que recibiron notificacións
instándoos a actualizar a aplicación antes da súa caducidade, pero finalmente
chegou o dÃa, e moitos dos usuarios de WhatsApp, inscritos na beta para recibir
as últimas novidades da aplicacións de xeito preferente, atopáronse cunha aplicación
caducada, e coa imposibilidade de solucionar a situación actualizándoa xa que na
tenda de aplicacións de Google non hai unha versión posterior á do dÃa 24.
A solución proposta para poder continuar a empregar WhatsApp era saÃr do
programa de probas da aplicación e instalar a versión ordinaria, proceso que
precisa de ter unha copia de seguridade actualizada, procedemento bastante
pesado, o que levou a moitos usuarios a adoptar unha solución temporal: desactivar
a hora automática no smartphone e mudar a data do sistema para que a aplicación
non caduque, e asà poder seguir a usar WhatsApp até que finalmente
publiquen unha actualización que corrixa este fallo.
AÃnda que é bastante probable que o problema se solucione en breve, dende
WABetaInfo advirten que é posible descargar un APK da páxina web oficial de WhatsApp
que inclúe unha versión da aplicación sen o fallo que provoca a caducidade da
aplicación, polo que con instalar ese ficheiro e reiniciar a aplicación xa é
posible continuar a empregar WhatsApp con normalidade sen ter que abandonar a
beta.