A comunidade galega de WordPress xuntarase a primeiros de outubro en Pontevedra
luns, 22 de setembro do 2025
A cidade de Pontevedra converterase do 3 ao 5 de outubro no epicentro da comunidade WordPress en Galicia, coa celebración da WordCamp Galicia 2025, edición que marca un fito ao reunir, por primeira vez, os esforzos das anteriores WordCamp Vigo e WordCamp Pontevedra nun evento conxunto que promete ser o máis ambicioso ata a data.
A Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo acollerá tres dÃas de aprendizaxe, colaboración e celebración arredor do popular sistema de xestión de contidos. A iniciativa conta co respaldo dos sete grupos de MeetUp galegos (A Coruña, Ferrolterra, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago), que unen forzas para ofrecer unha programación diversa e de alto nivel.
O venres abrirá cun obradoiro de iniciación a WordPress e o xa clásico do_action hackathon, actividades pensadas para achegar o CMS a novos usuarios e apoiar organizacións locais sen ánimo de lucro. A entrada para este dÃa será gratuÃta, reforzando o espÃrito inclusivo do evento.
O sábado será o dÃa central, con charlas, obradoiros e espazos de debate que abordarán temas como a optimización de WordPress sen plugins, a creación de ferramentas baseadas en IA sen ser desenvolvedor, ou estratexias de UX para mellorar as vendas. Ademais, haberá ocasións para consultorÃas e auditorÃas en directo, convertendo a xornada nun laboratorio práctico para profesionais e entusiastas.
O domingo, DÃa da Comunidade, pechará a WordCamp cunha mañá dedicada á contribución colectiva ao proxecto WordPress, acompañada de tres charlas breves que prometen sorprender. Todo isto nun ambiente marcado polo espÃrito colaborativo, a gastronomÃa galega e a música tradicional, elementos que engaden un toque local e festivo á experiencia.
Con máis de 250 asistentes esperados, WordCamp Galicia 2025 aspira a ser moito máis que un evento técnico: será un punto de encontro para compartir coñecemento, fortalecer vÃnculos e celebrar a forza dunha comunidade que medra xunta.
