A exposición itinerante Galiciadixital chega a Roma
xoves, 15 de xaneiro do 2009

- O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, participou hoxe na inauguración en Roma a exposición itinerante Galiciadixital.
O
director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias,
participou hoxe na inauguración
da exposición itinerante Galiciadixital coa que a SecretarÃa Xeral
de Comunicación está presente na Josp Fest, a I Feira Internacional de itinerarios de peregrinación, que se
desenvolverá ata o 18 de xaneiro na Nuova Fiera de Roma.
A exposición pretende que os visitantes poidan gozar dunha experiencia nova e
diferente á dos museos convencionais ao coñecer as novas tecnoloxÃa aplicadas
ao mundo audiovisual de xeito lúdico, asà como para servir de escaparate e
ponte entre o traballo que están a desenvolver as universidades e empresas
galegas co resto da sociedade.
Fernández Iglesias destacou que a exposición está pensada para que os
visitantes non sexan simples espectadores, senón que poderán participar en todo
o seu percorrido, destacando tamén que este tipo de iniciativas permiten «amosar o traballo galego máis aló das nosas
fronteiras e ensinarlle ao mundo que somos pioneiros en novas tecnoloxÃas e na
incorporación dos cidadáns á sociedade da información».
