A importancia da marca e o nome comercial centrará mañá unha charla no CNTG
mércores, 8 de abril do 2015
O Centro de Novas TecnoloxÃas en Santiago de Compostela
acollerá mañá ás 19:00 horas unha nova edición de Iniciador Santiago de
Compostela, unha serie de relatorios dirixidos a dinamizar o emprendemento, que
tras as charlas de Roberto
Pérez Marijuán en decembro e Santiago
Moroño en febreiro, continuando agora con Iñaki Quenerapú, a quen en xaneiro puidemos
ver no TEDxGalicia falando do crowdsourcing que facilita a Internet (como
un exemplo da teorÃa de Tribos de Seth Godin), e que desta volta vai dar conta
da importancia da elección dun nome comercial e unha marca.
Iñaki Quenerapú leva tempo traballando na comunicación a través da Internet, e
co seu relatorio aplicará a súa experiencia para dar conta do peso que o nome
comercial e a marca dun proxecto emprendedor de cara a facilitar a súa
identificación e diferenciación, á vez que tamén deben adoptarse con
intelixencia e personalidade os códigos de comunicación que son referencia no
sector.
Os interesados en asistir a este encontro poden inscribirse
a través da páxina web da Iniciador.
Intervención de Iñaki Quenerapú na pasada edición de TEDxGalicia
