A nova versión de proba do Internet Explorer 8 sairá en agosto
mércores, 4 de xuño do 2008
O pasado mes de marzo
Microsoft publicou a primeira
versión de proba do seu Internet Explorer 8, que permite asà que os
deseñadores de páxinas web poidan botar unha ollada ao futuro do navegador de
Microsoft, e que presenta melloras de distinto tipo, entre as que podemos
destacar un menor consumo de memoria.
Agora, a compañÃa de Redmond anuncia que no
mes de agosto lanzará unha segunda versión de proba do IE 8 que estarÃa orientada
ao público en xeral, non existindo aÃnda unha data para o lanzamento
da versión definitiva do Internet Explorer 8.
É de agarda que no IE 8 non repitan os erros de IE 7 que provocou que na
actualidade existan moitos usuarios sen migrar dende IE 6 pese a que IE 7 é
unha aplicación moito máis completa e segura.
