A nova xeración de terminais con Windows Mobile presentarase o 6 de outubro
mércores, 2 de setembro do 2009

- O HTC Touch Pro2 é un dos primeiros móbiles en incluÃr de serie o Windows Mobile 6.5
Microsoft
confirmou oficialmente que o
vindeiro 6 de outubro será a data elixida para a posta de longo dos Windows Phones , nome que
definirÃa aos terminais de telefonÃa móbil que funcionan co sistema operativo
Windows Mobile 6.5, á vez que tamén estrearán a tenda de aplicacións Windows
MarketPlace for Mobile e o novo servizo Microsoft My Phone, que permitirá a
sincronización de información entre o móbil e o PC. Buscan que a nova
plataforma sirva para aproveitar as vantaxe de conectar o ordenador, o teléfono
e a Internet.
Pero o Windows Mobile 6.5 non funcionará só en novos terminais, senón que
moitos dispositivos avanzados que contaban con versións anteriores do sistema
operativo móbil de Microsoft tamén poderán actualizar os seus terminais.
Microsoft asegura que en Europa xa contan co apoio de operadoras (Orange,
Deutsche Telekom e Vodafone) e fabricantes (Acer, HTC, LG, Samsung, Sony
Ericsson e Toshiba) para o lanzamento dos Windows Phones, que entre outras
cousas incluirán unha versión redeseñada do Internet Explorer Mobile con
soporte de Adobe Flash Lite, compatibilidade con documentos do MS Office e
acceso a múltiples servizos da web social (Facebook, Twitter, MySpace ou
Windows Live), o que os fai axeitados tanto para o traballo como para o lecer.
O Windows Mobile 6.5 tamén supón un avance de cara ao uso da pantalla táctil
dos móbiles cos dedos, e esta versión do sistema operativo móbil de Microsoft
poderÃa permanecer bastantes meses no mercado, pois o
Windows Mobile 7 non chegará finalmente en 2009.
VÃdeo de presentación das novas posibilidades que achega o Windows Mobile 6.5
