A rebaixa da Xbox 360 dispara as súas vendas nos EE.UU.
xoves, 11 de setembro do 2008
Cando Microsoft rebaixou o prezo da Xbox 360
en EE.UU. algúns analistas estimaron que a operación afectarÃa só
lixeiramente ás vendas da consola, que poderÃa
incrementar as súas vendas entre un 15 e un 20%, pero dende as
tendas de videoxogos (como a cadea norteamericana GameStop) non pensaban o
mesmo e aseguraban prever un incremento das venda que estarÃa entre o 100 e o
300%, o que serÃa bastante significativo.
Agora que a rebaixa xa é unha realidade, se confirma que moitas tendas están a
dobrar as súas vendas da consola de alta definición de Microsoft (e nalgún
caso incluso multiplican por 6 o número de unidades vendidas) pois o
feito de que a potente consola se converta na máis barata da nova xeración (cun
prezo por debaixo do da Nintendo Wii) lle dá moito atractivo de cada ao Nadal,
podendo ter afectado tamén o feito de que a xente dea por rematadas as grandes
exclusividades de Sony (pois a saga de Final
Fantasy tamén estará presente na Xbox 360), de xeito que elixir entre unha
ou outra consola é máis doado.
Hai que lembrar que a Xbox 360 non é só unha consola de videoxogos, senón que
tamén se pode empregar para a reprodución multimedia (podendo achegar contidos
dende DVD, disco duro ou rede local) polo que é unha das opcións máis
económicas para os usuarios que queiran aproveitar a calidade do seu televisor
de alta definición.
Microsoft aÃnda non
deu datos reais sobre as vendas trala rebaixa da súa consola, pero aÃnda
que non se espera que afecte en absoluto ás vendas da Nintendo Wii (da que
moitos establecementos advirten que se vai volver a esgotar no Nadal) poderÃa
afectar moi negativamente a Sony, que ten moitas dificultades para consolidar a
PS3 no mercado norteamericano.
